...Y viernes, sábado y domingo con lluvias de padre y señor mío.

VIERNES
Aínda nas primeiras horas do venres unha fronte activa estará sobre Galicia, deixando ceos cubertos con chuvias xeneralizadas localmente de intensidade forte. A partir do mediodía abriranse claros e quedaremos nunha situación de chuvascos. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado durante a tarde. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte, onde aumentarán a fortes á noite.

SÁBADO

Non se agardan cambios significativos para o sábado, cun tempo novamente marcado pola chuvia e polo vento. Así, os ceos permanecerán cubertos, con chuvias xeneralizadas, con carácter localmente tormentoso especialmente no litoral. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas mínimas. O vento soprará forte do sudoeste, tanto no litoral como no interior, con refachos moi fortes en zonas altas e no litoral norte.

DOMINGO

O domingo Galicia quedará na influencia dunha profunda borrasca que deixará unha xornada de ventos e chuvias fortes. Así, os ceos estarán cubertos, con chuvias persistentes, especialmente cuantiosas nas provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes en todo o litoral e zonas altas.

Con los datos de METEOGALICIA