14/2/16

DEPUTACIÓN ORGANIZA EN LALÍN E BARRO-MEIS UNHAS XORNADAS DEDICADAS Ó EMPRENDEMENTO

Con motivo da Semana Europea das PEME a institución provincial promove durante o 24 e 25 de febreiro conferencias sobre emprendemento nos viveiros de empresas de Lalín e Barro-Meis

A Deputación de Pontevedra, co obxectivo de apoiar a iniciativa da Semana Europea das PEME, impulsada pola Comisión Europea para o fomento do emprendemento en Europa, organiza  os días 24 e 25 de febreiro unhas xornadas dedicadas ó emprendemento nos viveiros de empresas dos polígonos de Lalín e Barro-Meis. As xornadas servirán, ademais, para inaugurar os viveiros de empresas de Lalín e Barro-Meis, instalacións que a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos emprendedores para lanzar proxectos empresariais.
A través destas xornadas, preténdese informar ós emprendedores sobre as axudas existentes para impulsar a súa actividade pero tamén promover o emprendemento como unha opción de carreira profesional e dar a coñecer os emprendedores que contribúen á xeración de riqueza, á creación de postos de traballo, á innovación e á competitividade. Amais, con esta iniciativa, a Deputación de Pontevedra quere presentar ós axentes sociais as instalacións dos viveiros de empresas que a institución puxo en funcionamento nos polígonos industriais de Lalín e Barro-Meis.
O 24 de febreiro será o viveiro de empresas de Lalín o que acollerá a primeira das xornadas dedicadas ó emprendemento que comezará coa inauguración e visita institucional ó viveiro de empresas. A continuación, proxectarase un vídeo explicativo da Semana Europea das PEME e comezarán as conferencias que versarán sobre aceleración do emprendemento, programas de emprendemento da Unión Europea, programa Emprendetur e Erasmus novos emprendedores.
En Barro-Meis os actos terán lugar o 25 de febreiro tamén coa inauguración e visita institucional ó viveiro de empresas. A continuación, proxectarase un vídeo explicativo da Semana Europea das PEME e comezarán as conferencias sobre o programa europeo de aceleración do emprendemento, Microsoft Bizpark, programas de emprendemento da Unión Europea, programa Erasmus novos emprendedores e SMEs Instruments Programme Horizon 2020.

Os interesados en participar nas xornadas deberán enviar a súa solicitude de inscrición a través do seguinte enlace: