25/2/16

O GOBERNO DE CARMELA SILVA MODIFICA O ORZAMENTO E INCREMENTA OS RECURSOS PARA SERVICIOS BÁSICOS EN MÁIS DE 14 MILLÓNS DE EUROS

Carmela Silva
O Goberno da Diputación de Pontevedra aprobará no pleno provincial deste venres unha modificación orzamentaria que incrementará en 14.644.100 euros os recursos que se destinarán este ano a servizos básicos aos cidadáns en cohesión social, emprego, cooperación cos concellos, medio ambiente, mobilidade, igualdade, cultura ou deportes. A metade desta incorporación farase como créditos extraordinarios por importe de 7.370.000 euros. A outra metade, 7.274.000 euros, serán para incrementar partidas existentes e insuficientes nos Orzamentos de 2016.

Os novos créditos financiaranse con aforro propio procedente de exercicios anteriores e non supoñen aumentar débeda. Ademais todos os gastos son dirixidos a proxectos de interese xeral, social, asistencial e de reforzo da colaboración cos concellos. De feito, as partidas que aumentan en crédito pertencen fundamentalmente ás áreas de Deportes, un 28,3%; Cooperación cos concellos, un 22,3%;  e Mobilidade, un 21,4%. Estas áreas, que xestionan servizos básicos municipais e provinciais, absorben o 72% do total de suplemento de créditos desta proposta. 

Cohesión Social e Xuventude, o Centro Príncipe Felipe e Igualdade reciben un 19% do suplemento total. Son importes suplementarios que van servir para ampliar a oferta de emprego xuvenil, actuacións para a formación dos mozos, maiores medidas de atención ás mulleres e melloras nas instalacións de atención social. O 18,5% adícase ao fomento do emprego e o 5% do suplemento de crédito engadido diríxese á promoción da cultura e a ampliar a oferta do Museo con adquisicións e subministracións.

En resumo, trátase dunha incorporación de créditos que supón un 9,6% máis no orzamento deste ano 2016, dirixido a dotar de máis recursos aos servizos básicos municipais e da provincia e a mellorar as prestacións nas áreas de maior demanda social

Para Carmela Silva “esta modificación do orzamento é moito máis que un aumento de recursos para dar resposta a todos os compromisos que adquirimos como goberno; é unha mostra inconfundible de cal é a política na que cremos que é a política para as persoas. É unha mostra inequívoca de que cambiamos radicalmente co modelo anterior, ao que sempre nos opuxemos frontalmente”


A Presidenta da Deputación engadiu que “hai outra forma de facer política, pensada para a gran maioría, e esta modificación é unha proba evidente de que as cousas se poden e débense facer doutra forma, que nos vai a permitir que podamos facer fronte a todos os nosos compromisos….  pero o máis importante, vai permitir facer fronte ás necesidades reais da sociedade na provincia de Pontevedra”