20/3/16

DEPUTACION APAGA AS SÚAS LUCES E SÚMASE Á ”HORA DO PLANETA 2016”



O Pazo Provincial e o Palacete de Turismo Rías Baixas secundaron o apagamento deste sábado

A Deputación de Pontevedra secundaba este sábado a convocatoria de “A Hora do Planeta 2016” sumándose ao apagamento dunha hora de duración como xesto simbólico desta campaña ambientalista a favor da loita contra o cambio climático.


Tanto o edificio do Pazo Provincial como o Palacete de Turismo Rías Baixas en Pontevedra, apagaron as súas luces de 20.30 a 21.30 horas sumándose así a esta iniciativa á que xa se uniron máis de 300 cidades e municipios de toda España e outros 178 países