26/4/16

Feijóo y Tabaré Vázquez evalúan nuevas posibilidades de colaboración entre Galicia y Uruguay en sectores como las renovables para no depender del petróleo y de sus derivados

Reunión en Montevideo horas atrás.
RIAS BAIXAS TRIBUNA / Montevideo)

El presidente del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo, y el presidente de la República Oriental del Uruguay, Tabaré Vázquez, evaluaron durante un encuentro mantenido en la tarde de ayer (22,00 horas en Galicia), nuevas posibilidades de colaboración entre Galicia y Uruguay, centrándose en sectores como las energías renovables para no depender del petróleo y de sus derivados.
“Coincidimos en que no podemos ser cautivos del petróleo y de sus derivados y de que tenemos energía y capacidad instalada para tener energías renovables tanto hidráulica como eólica, fotovoltaica y biomasa. Sobre esta última, en el caso de Galicia, que cuenta con el 46% del total de la masa forestal de España, estamos en este momento invirtiendo en biomasa eléctrica y térmica”, dijo el titular de la Xunta, recordando que tanto Uruguay como Galicia están trabajando para conseguir un modelo energético 100% renovable.
Asimismo, Tabaré y Feijóo analizaron las oportunidades de la energía eólica marina, sector en el que Galicia está construyendo, en este momento, los principales parques de eólica marina de Europa: tanto en lo referido la torres de 40 metros que van sujetas al fondo marino, como torres flotantes de 3.000 toneladas de acero.
Proyecto estratégico de infraestructuras de Uruguay
Tras el encuentro, el responsable del Gobierno gallego destacó positivamente el hecho de que el Gobierno de Uruguay esté valorando la posibilidad de presentar en Galicia el Proyecto de Infraestructuras del país, “que cuenta con un valor de más de 12.500 millones de dólares de inversión”. “Para nosotros sería una gran honra que el proyecto estratégico de infraestructuras del país se presentara en Galicia, para España y para el resto de Europa”, aseveró, subrayando que se trata de un proyecto ambicioso, de modernización del país y con participación público-privada para activar la inversión en la economía de Uruguay.
Tabaré y Feijóo coincidieron en la importancia de las carreteras y de recuperar el ferrocarril para mercancías y pasajeros en Uruguay. Y, en materia de hospitales insistieron en la oportunidad de la coordinación de los hospitales de origen español. “Y también hablamos de la posibilidad de poner a disposición del país el sistema de tratamiento de residuos, un tema que puede ser interesante para Uruguay que tiene una población similar a Galicia”, añadió, el responsable del Gobierno gallego.
Después de invitar al presidente de Uruguay a visitar Galicia, “la tierra de sus abuelos”, y expresar “el reconocimiento a la amistad y a la cordialidad con la que este país trató desde siempre a los gallegos”; Feijóo quiso también trasladar a Tabaré Vázquez la solidaridad del pueblo gallego ante las inundaciones que están sufriendo algunas zonas.

La espontaneidad del nuevo presidente de la República Portuguesa, profesor Marcelo Rebelo de Sousa

A DEPUTACIÓN PRESENTA UN PROXECTO PARA IMPULSAR A MEMORIA HISTÓRICA

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

O proxecto, titulado “O Miño: solidariedade sen fronteiras”, desenvolverase na provincia de Pontevedra, Melgaço e Valença 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada dos deputados provinciais, David Regades e Juan González, de representantes das Cámaras Municipais de Melgaço e Valença, da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e do Instituto de Estudios Miñorans (IEM), presentou o proxecto “O Miño: Solidariedade sen Fronteiras” para o impulso da memoria histórica na provincia de Pontevedra e norte de Portugal.

Carmela Silva comezou a súa intervención coa reflexión de Saramago “hai que recuperar, manter e transmitir a memoria histórica, porque se empeza polo esquecemento e termínase na indiferenza”. Neste eido, Silva manifestou que “para non acabar na indiferenza e evitar acontecementos como os que tiveron lugar durante a Guerra Civil, e que lamentablemente estamos a vivir neste momento en Europa, puxemos en marcha o proxecto que servirá para recuperar a nosa memoria histórica e poñer en valor a tantas mulleres e homes que, loitando por un mundo igualitario e máis xusto, puxeron en perigo ou perderon as súas vidas”.

A Presidenta da Deputación explicou que “O Miño: Solidariedade sen Fronteiras”, cun orzamento de 125.000 €, trátase dun proxecto transnacional que se presenta, por vez primeira, ó programa “Europa cos cidadáns”. A súa finalidade é sensibilizar sobre a memoria histórica, incentivando a participación e dirixíndose, principalmente, á poboación xuvenil da provincia de Pontevedra e Norte de Portugal.  Para elo, darase a coñecer como afectou o conflito a ambos lados do Miño e farase fincapé en como milleiras e milleiros de galegas e galegos cruzaron o río fuxindo da guerra, da fame, da miseria e da represión e daquelas e daqueles que arriscaron as súas vidas para abastecer á provincia de alimentos e medicamentos.  

O proxecto tamén vai contribuír á reparación e recuperación da memoria individual e colectiva das persoas represaliadas e refuxiadas da Guerra Civil Española, renderlles unha homenaxe ás vítimas e un recoñecemento ó pobo portugués, fortalecendo o sentimento europeo e os valores solidarios, democráticos e de paz que, tal e como subliñou Silva, “hoxe, na Unión Europea, están sendo cuestionados”. Neste eido, a Presidenta da Deputación destacou que “O Miño: Solidariedade sen Fronteiras” nos vai converter nunha administración decente”.

Pola súa banda o deputado provincial Juan González destacou que o proxecto se asenta no coñecemento, difusión e participación para divulgar a historia de España entre 1936 e 1939, impulsando a importancia dunha Europa símbolo de solidariedade, diálogo e defensa da democracia. Amais, trata de fomentar a reflexión e motivar a participación cidadá, poñendo en valor os lazos existentes entre España e Portugal, a través de accións que se desenvolverán entre setembro de 2016 e xuño de 2018.

Así, desenvolveranse uns obradoiros didácticos sobre memoria e fronteira, dirixidos ó alumnado de 17 anos de institutos de Pontevedra, Valença e Melgaço, a través dos cales preténdese achegar os feitos históricos e fomentar o debate sobre as consecuencias das guerras nas sociedades civís e no espazo europeo. Estes obradoiros, compostos de accións creativas e recursos audiovisuais, serán coordinados pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e o Instituto de Estudos Miñoráns. 


Tamén se desenvolverá un certame aberto de investigación, ó que poderán presentarse persoas cuxa investigación verse sobre a recuperación da memoria histórica e a Guerra Civil Española, que concluirá cun foro de debate para a posta en común dos resultados. Outra das actuacións será unha exposición itinerante dos camiños da solidariedade, con materiais aportados polo Instituto de Estudos Miñoráns, e un encontro cultural pola memoria e a paz que pretende agradecer a solidariedade e refuxio do pobo portugués coas persoas represaliadas da Guerra Civil Española.

A DEPUTACIÓN INVITA Á CIDADANÍA A ASISIR Á XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DOS REFUXIADOS EN EUROPA

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

A xornada, titulada “Na procura de refuxio", terá lugar este venres no salón de actos do sexto edificio 

A participación e  a implicación cidadá é fundamental para que as institucións europeas tomen conciencia e adopten medidas reais que poñan freo a maior crise humanitaria do noso tempo

Este venres, 29 de abril, ás 9 h o Museo de Pontevedra acolle a xornada "Na procura de refuxio", con mor de concienciar a cidadanía sobre os riscos que conleva fuxir da guerra e a dramática situación que viven diariamente os refuxiados. 

A Deputación considera fundamental a sensibilización e a implicación da poboación ante a maior crise humanitaria sucedida  dende a Segunda Guerra Mundial.  A palabras da presidenta, Carmela Silva, "fronte a esta situación, temos a obriga ética e moral de non mirar para outro lado". 

Así pois, a participación de tódolos homes,  mulleres, organizacións e entidades, en actuacións como a que aquí se presenta, é decisiva para que as institucións europeas adopten medidas reais que asuman a acollida dos refuxiados, que se contan por miles. 

Ao longo da mañá expoñeranse as experiencias de profesionais, voluntarios e organizacións que visitaron a zona. Estas, estarán organizada en tres bloques temáticos: o primeiro deles centrado no traballo que desempeñan as ONGs no terreo, o segundo enfocado na labor que realizan os voluntarios e voluntarias nas zonas afectadas e, o terceiro, o rol dos medios de comunicación na cobertura mediática do conflito. 

Mais polo miúdo, a programación terá comezo ás 9 h da man da asociación Ecos do Sur, seguido de Médicos sen Fronteiras e UNICEF. Tras un descanso, darase comezo ao coloquio "Galegos e galegas implicados na solidaridade" e, a continuación , terá lugar unha mesa redonda entorno a cobertura mediática do conflito e as nova ferramentas de comunicación.  

A xornada pechará as 13:30 h coa presentación da exposición "Exodus: o drama dos refuxiados en Europa", cuxa inauguración será o día anterior, xoves 28 ás 18:30 h na entrada do Pazo provincial, e estará exposta ata o 31 de maio. Nela, exhibiranse os traballos de Felipe Carnotto e Adrián Irago, fotoxornalistas que cubriron o camiño  dos refuxiados polos Balcáns e Lesbos, achegando a crise migratoria dende unha perspectiva documental. 

Entre os participantes a xornada destacan Natalia Fernández, directora de Vigo al minuto; Javier Losada, gardacostas desprazado ao mar Exeo; Isabel Juncal e Celia López, voluntarias desprazadas a Lesbos; José Luis Barreiro, da Asociación Entreculturas; Héctor Ortega, licenciado en Dereito e cun pos-grado en Seguridade Internacional; ou, Peter Punk, membro de Pallasos en Rebeldía desprazado a Indomeni, entre outros. 


A asistencia ao evento é libre e gratuíta. A Deputación de Pontevedra invita a tódolos pontevedreses e pontevedresas a asistir as xornadas, pois, o compromiso de cada un de nos é fundamental para pórlle freo a esta situación, que xa se cobrou a vida de preto de 3.000 persoas no mar Exeo e propiciou a saída de 1,2 millóns cidadáns do seu país. 

Valladolid B visita este domingo Pasarón : cartel y precios del partido

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)






























Tasquinhas “Sabores da Aldeia” : Valença do Minho Convida a Comer com Tradição

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Vítor Salvadsor)

Os sabores da gastronomia tradicional de Valença serão os protagonistas do Festival Gastronómico “Sabores da Aldeia”, no fim de semana de 29 de abril a 1 de maio.
Os petiscos, os pratos emblemáticos, a doçaria e os vinhos de Valença convidam a uma viagem pelos sabores da genuína tradição gastronómica valenciana, preparados como, há séculos, de forma caseira.
Em petisco ou em prato será possível descobrir os sabores dos fumeiros, das muitas variedades de bacalhau, do carneiro e cabrito no forno, da lampreia, da carne de porco em rojões ou no espeto, do Caldo Verde de Valença, uma das 7 maravilhas gastronómicas de Portugal e tantas outras iguarias.
Na doçaria tradicional o destaque vai para as sopas secas, o arroz doce, as rosquilhas e os papudos, as rabanadas, o arroz doce, as filhoses e tantos outros sabores doces.
Comer bem, descobrindo os segredos das cozinhas dos nossos avós, será no Festival Gastronómico Sabores da Aldeia, um autêntico mostruário da gastronomia das aldeias valencianas. Receitas antigas que surgiram nas cozinhas fartas dos lavradores, apuradas pela experiência dos tempos de que resultaram pratos e petiscos singulares, tendo por base produtos locais.
Sabores da Aldeia é uma genuína festa gastronómica minhota onde não faltará a animação que estará a cargo do grupo de cordas 6tàs9, os Lucky Duckies e de um festival etnográfico com grupos da Eurocidade. Um trilho pedestre pela Fortaleza, arruadas de bombos e jogos tradicionais completarão o programa de animação.

A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença em colaboração com as juntas de freguesia e associações do concelho.

Miguel Ángel Aguilar é o gañador da XII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

O decano do Colexio de Xornalistas anunciando o ganador do premio
O veterano xornalista Miguel Ángel Aguilar foi proclamado gañador da XII Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que, un ano máis, organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’. O fallo deuse a coñecer esta mañá na sede de la Caixa na Coruña, nun acto que contou coa intervención telefónica do premiado.

O acto comezou coa intervención de Anxo Pérez Romariz, responsable de comunicación da Dirección Territorial de Galicia de CaixaBank, quen deu a benvida a todos os xornalistas asistentes e destacou que é o quinto ano que “la Caixa” participa neste premio, un proxecto co que están “especialmente ilusionados”.

A continuación, o secretario do premio, Darío Janeiro, deu lectura á acta do fallo, asinada polo señor notario D. Héctor Pardo García, do Ilustre Colexio Notarial de Galicia. Abertos os votos, e recontados polo notario, este levantou acta da repartición dos mesmos entre as sete candidaturas que optaban ao galardón. Como consecuencia deste escrutinio, resultou vencedora, con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado, a candidatura de Miguel Ángel Aguilar.  Como cada ano, a candidatura gañadora foi elixida en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa.

Xosé Manuel Pereiro, decano do CPXG, dixo que quere pensar que “este ano a escolla do gañador é unha forma de premiar outro xeito de facer xornalismo, a través da creación de novos medios”. Pereiro recordou que vivimos “nunha época na que hai que reinventar a forma de facer xornalismo” e por iso lle gusta crer que “é un galardón para os que se lanzan a facer novos proxectos”.

O presidente do Club de Prensa de Ferrol, Siro López, lembrou que o asasinato de José Couso segue impune e que a familia do cámara ferrolán segue a loitar por esclarecer o crime e levar os asasinos ante a xustiza.

O acto finalizou cunha conferencia co premiado, na que deu as grazas por un premio que lle fai “moita ilusión” porque é un premio “ao que non me presentei”, por ser outorgado polos propios xornalistas “e non por enxeñeiros de montes, por exemplo” e estar precedido no galardón por “marabillosos colegas”. Aguilar salientou que “este premio simboliza a liberdade de prensa e esta ten que ser un compromiso dos xornalistas, porque cando non hai liberdade non hai información, hai propaganda”. Neste sentido, asegurou que "a información é como as inundacións: hai auga por todas partes, pero falta auga potable". Así mesmo, manifestou que cría que “máis que un premio á innovación é un premio á terquedade de continuar traballando, tendo en conta tamén que o xornalismo vaise alterando ao longo do tempo”.

Preguntado sobre a investigación do asasinato de José Couso, o premiado confesou que vía “moi improbable” a súa resolución, mais que “non por iso hai que desistir”. Deste xeito, loou a tenacidade da familia e animounos a continuar porque “ás veces a imposibilidade queda desmentida e o intento conséguese”. 

Miguel Ángel Aguilar confirmou a súa asistencia aos actos de entrega do premio, que terán lugar o vindeiro 3 de maio en Ferrol. Ese día pola mañá realizarase a recepción na Casa do Concello e a tradicional ofrenda floral na estatua ‘As Ceibes’ no Cantón de Molíns. A partir das 20:00 celebrarase o acto de entrega no Teatro Jofre, que, como cada ano, vai ir acompañado do Concerto da Liberdade, nesta ocasión a cargo de Nani García Trío.

O premiado

Miguel Ángel Aguilar (Madrid, 1943) é un veterano xornalista e o Secretario Xeral da Asociación de Xornalistas Europeos. Dende 1980 ata 2015, desenvolveu o seu traballo como columnista de El País, xornal do que foi cesado o pasado mes de novembro como consecuencia de criticar o diario nunha reportaxe para o The New York Times.

Graduado en 1969 na Escola Oficial de Xornalismo, Miguel Ángel Aguilar comezou na profesión en xaneiro de 1967 no diario Madrid, e apenas un mes despois foi procesado polo Tribunal de Orde Pública como autor dun editorial sobre os disturbios universitarios, causa da que saíu absolto. Trala desaparición do Madrid en 1971 por orde gobernamental, incorpórase a Cambio 16, medio do que será director de 1978 a 1980. En 1980 entra a traballar no diario El País, onde exercerá de correspondente político, correspondente diplomático e columnista. En 1981 funda a sección española da Asociación de Xornalistas Europeos e entre 1986 e 1990 é director da Axencia EFE.

En novembro de 2015 realiza unha crítica no The New York Times contra a coacción que se producía no El País por mor da presenza no Consello de Administracion de representantes do poder como o goberno de Qatar ou Telefónica. Na reportaxe, Aguilar afirma que "os xornais están nas mans dos acredores e tamén nas dun Goberno que os axuda a convencelos de que os xornais deberan seguir vivos incluso cando estean asfixiados polas débedas” e que "traballar en El País era un soño de calquera xornalista, pero agora hai xente que se vai coa sensación de que a situación acadou niveis de censura”, chegando á conclusión de que estamos “quizais no peor momento para a liberdade de expresión en España dende a morte de Franco”. Uns días despois destas declaracións foi cesado fulminantemente.

Tamén foi director de El Sol e colaborador en medios como Tiempo, La Vanguardia, Cinco Días, El Siglo, Telecinco, Cadena Ser, TVE e La Sexta. Dende setembro do 2015, é presidente editor do semanario Ahora. A liberdade de prensa e a independencia dos medios foron e son unha constante en toda a súa traxectoria.

Miguel Ángel Aguilar sumase así á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014) e Jordi Évole (2015) foron ata agora os galardoados coa estatuiña das ‘Ás Ceibes’.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, creado pola Lei do Parlamento Galego 2/1999 do 24 de febreiro, e o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’ organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

Conselleira anunció en Moaña que este verano comienzan también las obras del segundo tramo de la Autovía do Morrazo























































Marta Sánchez comienza la grabación del videoclip de La Vuelta

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)






































24/4/16

Obituario : Braulio Pérez Quiroga, "compañero y, sin embargo, amigo"

Con la debida venia : foto del diario Faro de Vigo; asistentes a un homenaje
a la figura de Álvaro Cunqueiro. En primer plano, de pie, de izquierda a derecha :
Manuel Pérez Quiroga, Braulio Pérez Quiroga (q.e.p.d.) y Lourdes Vázquez.
En silla de ruedas, el inolvidable fotógrafo Guillermo Cameselle (q-e.p.d.). Todos
ellos, baluartes de un glorioso tiempo pasado de "Faro de Vigo".


























Este domingo verdaderamente primaveral, tras el período de lluvias que precedía, nos trajo la mala noticia de la muerte de Braulio Pérez Quiroga, integrante de la Redacción de Faro de Vigo durante muchos años -entró a trabajar allí con tan solo 17, allá por el final de la década de los 60 del siglo pasado- y persona muy querida por los numerosos amigos que siempre tuvo, pero también por todos los que fuimos durante años sus compañeros. Y decimos "todos" porque realmente era así; a Braulio Pérez Quiroga habría que clasificarle entre esos seres humanos que, realmente, no tenían enemigos.

Braulio fue el amigo de todos, el compañero servicial, siempre dispuesto, atento y eficaz, ideal para desempeñar como lo que el profesionalmente fue : una especie de secretario de Redacción, a las órdenes directas del Director y Subdirector de turno, pero que jamás eludió colaborar con cualquier responsable de departamento que lo necesitase. Un todo terreno, capaz de controlar todos los operativos, la logìstica; capaz de tener a raya a un corresponsal para que enviase la crónica a la hora precisa; un mago del manejo del telefax, el teletipo, el telex, los primeros computadores-componedores de textos... ágil y capaz de convencer al jefe del taller para que retrasase el inicio del proceso de rotativas, a los efectos de poder colar una noticia de última hora, aunque fuese levantando ya la "teja" dispuesta en máquinas... Todo, siempre, con la mayor sonrisa, con el espíritu jovial de quien -además- aparentaba siempre menos años bajo aquellas gafas de pasta y aquella discreta media-melenilla. El conseguía lo que quería porque sus interlocutores eran siempre presa de su proverbial empatía. Nadie era capaz de decirle que no...

Braulio Pérez Quiroga se ha ido ahora, en un domingo de abril, a los 67 años, que no es edad para morirse. Y seguro que cuando San Pedro le abra las puertas del Cielo, de sopetón se habrá encontrado con Manuel Santaella, José Landeira, José Francisco Armesto... algunos de los no pocos directores a cuyas órdenes directas estuvo, que -sin duda- pugnarán por tenerle a su lado en las rotativas del más allá. Pero Braulio, con aquella semi-sonrisa con que sabía explicarse mientras te veía a través de sus inseparables gafas, seguro que habilmente les dirá :
--¡Ah, no!, conmigo no cuenten. Aquello era en la factoría de Cidadelle y ya llegó. Ahora me toca descansar, déjense ustedes de historias...
Sea así, o como os parezca, todos debéis saber que se ha muerto un hombre bueno. Nunca mejor dicho. Y el destino de los hombres buenos no es otro que el Cielo y los campos del Señor que, con su infinita misericordia, seguro que le habrá acogido ya en su seno.

Descanse en paz, pues, nuestro "compañero y sin embargo amigo" -que decía el también inolvidable Alfonso Sánchez-. Descanse en paz Braulio Pérez Quiroga y reciban sus familiares -entre ellos su hermano, Manuel Perez Quiroga, que fue director de Publicidad del Faro de Vigo- el fuerte y emocionado abrazo de quien vivió 10 años codo a codo en aquella Redacción del "Decano" con quien hoy, con su muerte, deja un gran vacío en todos los que le conocimos y tratamos.

EUGÉNIO EIROA

FEIJÓO VALORA A VONTADE DA MOCIDADE DESCENDENTE DE EMIGRANTES GALEGOS POR IMPLICARSE E DAR CONTINUIDADE Á GALEGUIDADE EN URUGUAI

FEIJÓO, EN EL ACTO DE MONTEVIDEO
RIAS BAIXAS TRIBUNA / Montevideo)
O titular da Xunta continúa a súa viaxe institucional en Uruguai, cun acto homenaxe da Federación de Institucións Españolas do Uruguai, no que tivo ocasión de saudar tamén aos presidentes de centros galegos no país, así como a numerosos mozos de orixe galega

Destaca e agradece o feito de que queiran seguir unidos a Galicia e a España, de que dentro dos seus obxectivos estea o de manter os vínculos con Galicia e, en consecuencia, obter maior responsabilidade na dirección dos centros galegos, dos centros da emigración

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, valorou hoxe a vontade dos mocidade descendente de emigrantes galegos por implicarse e dar continuidade á galeguidade en Uruguai. 

Logo dun acto homenaxe da Federación de Institucións Españolas do Uruguai, onde tivo ocasión de saudar tamén aos presidentes de centros galegos no país, así como a numerosos mozos de orixe galega que, como participantes do programa Conecta con Galicia 2015, recibiron as súas compostelas; Feijóo destacou e agradeceu o feito de que queiran seguir unidos a Galicia e a España, de que dentro dos seus obxectivos estea o de manter os vínculos con Galicia e, en consecuencia, obter maior responsabilidade na dirección dos centros galegos, dos centros da emigración. 

O titular da Xunta continuará coa súa visita a Uruguai mañá luns, día en que manterá un encontro na Cámara Oficial Española de Comercio de Uruguai, onde estarán os principais empresarios españois no país. E, posteriormente manterá tamén unha reunión co intendente da cidade de Montevideo, Daniel Martínez.


Xa pola tarde do luns, o responsable do Goberno galego terá ocasión de reunirse co presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez.

A GASTRONOMÍA DAS RÍAS BAIXAS TRIUNFA NO FESTIVAL DE CINEMA DE MÁLAGA

PRESIDENTA DE LA DEPUTACIÓN, DIPUTADOS Y ACOMPAÑANTES POSAN SATISFECHOS EN MÁLAGA
RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)
“Cociñando no fin do mundo”, a primeira longametraxe documental sobre gastronomía galega co patrocinio da Deputación e Turismo Rías Baixas, protagonizou a segunda xornada do “Gastroweekend
Os asistentes á proxección puideron descubrir os sabores da nova      cociña nunha sesión vermú na que a Presidenta Carmela Silva e os chefs Pepe Solla e Javier Olleros, exerceron de embaixadores
A segunda xornada do « Gastroweekend » do Festival de cinema de Málaga tivo acento e sabor das Rías Baixas grazas á proxección de 'Cociñando no fin do mundo', un documental que non só é un retrato da nova cociña galega, a través dos cociñeiros do Grupo Nove, senón que tamén percorre as belas paisaxes das Rías Baixas nos que estes se inspiran. 
A ópera prima do director vigués Alberto Bahamonde conseguiu atraer ao público malagueño na segunda xornada da segunda edición do Gastroweekend, no marco do Festival de cinema de Málaga. Co aforamento completo , as entradas esgotáronse aos poucos días da súa posta á venda, os asistentes disfrutaron dun documental que « mostra o traballo duns cociñeiros que forman parte da revolución gastronómica que está a suceder en Galicia », dixo Alberto Bahamonde.
A gastronomía é, sen dúbida, un dos atractivos turísticos principais das Rías Baixas. E así o destacou Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, que patrocina este documental e que convidou os malagueños a viaxar alí para descubrir a súa beleza. “Cando visitas Galicia namórasche e xa non podes deixar de volver. Rías Baixas, de onde eu son, é unha zona espectacular pero toda ela o é. É unha terra máxica onde traballan uns cociñeiros máxicos que son un orgullo inmenso e os nosos mellores embaixadores do noso extraordinario produto. Ademais dunha costa marabillosa, temos o río Miño, que sorprende desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. Alí esperámosvos”, dixo a presidenta da Deputación de Pontevedra. 
Tras a proxección, o público malagueño asistiu a unha sesión vermú amenizada por Radio Pesqueira, autores da banda sonora do documental, e puido degustar diferentes pratos elaborados por Pepe Solla (Restaurante Casa Solla en Poio) e Javier Olleros (Restaurante Culler de Pau no Grove), membros do Grupo Nove, recoñecidos ambos cunha estrela Michelin, convertidos, para a ocasión, en portavoces dunha terra rica en produto de calidade e dunha gastronomía recoñecida no mundo enteiro  
Pepe Solla explicou que “canto máis vexo Cociñando no fin do mundo, máis me dou conta de que esta non é unha película de cociñeiros, senón que reflicte unha paisaxe, un territorio, a esencia da terra galega”. En referencia ao coidado da natureza para crear os produtos, que queda moi reflectido no filme, o chef sinalou que “en Galicia a sustentabilidade é unha forma de ser. Non é que nos expoñamos cambiar o mundo, senón que é a nosa forma de ver e estar nel”. Pola súa banda, Javier Olleros destacou que “Galicia é a terra perfecta para ser cociñeiro. Debemos de ser conscientes das nosas raíces, respectalas e usar o noso produto que é espectacular”. Ademais, explicou aos espectadores do cinema que estaban a gozar da sesión do Gastroweekend que “necesitamos produtores que coiden e consintan a materia prima galega. Eles son o noso motor, por iso tamén temos que coidalos e reivindicar o seu traballo”. 
“Cociñando no fin do mundo” resalta a beleza das paisaxes das Rías Baixas e as excelentes materias primas que nela cultívanse. Tamén mostra receitas tradicionales como o cocido galego, a pesca de lamprea, os viñedos da D.Ou. Rías Baixas, a horta aromática da leira de Pepe Veira ou o traballo de Misión Biolóxica que produce variedades como o “guisante lágrima”

Pontevedra non só é un referente gastronómico a nivel internacional, senón que conta, ademais, cun valioso patrimonio natural e cultural que consegue atraer ao ano a máis de 300.000 turistas. A provincia galega é, sen dúbida, un dos destinos nacionais máis completos para gozar das vacacións e do tempo libre. Ademais, as Rías Baixas agora está máis preto que nunca grazas á posta en funcionamento da liña aérea Vigo-Málaga con voos directos entre ambas as cidades

El BNG DE PONTÓN ENARBOLA LA BANDERA DEL INDEPENDENTISMO

Pontón, en su intervención.

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

Fue en un acto celebrado este domingo en Pontevedra. La lideresa del Bloque no se andaría por las ramas. Enarbola la bandera del independentismo, como no cabía esperar otra cosa. "Queremos ter o dereito a decidir cómo pescamos nas nosas costas, cómo ordenamos o noso territorio ou a que Ence se vaia da ría", dijo la portavoz nacional del Bloque y presumible candidata a la Xunta, Ana Pontón, en el Teatro Principal, que se llenó de activistas del BNG. 
Como dijimos, Ana Pontón no se andaría por las ramas y así instó a los integrantes del BNG, que ha iniciado un proceso de refundacion tras la decadencia evidenciada tras los malos resultados electorales, a sumar y reunir apoyos cuanto antes para su candidatura autonómica integrando "a todas as persoas do país que acreditan que Galicia é un pobo con dereito a decidir". "Se queremos ser independentes, temos que ter organizacións independentes", añadió.
El acto celebrado en Pontevedra se enmarca dentro del proceso 'Adiante', contó tambièn con la intervención del alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernádez Lores, que recordó : "nós tivemos fe na sociedade pontevedresa a pesares de que se nos dicía que era antigalega e dereitosa. E agora temos que ter fe no pobo galego, por máis que as apariencias sexan preocupantes polas cercanías ás progresías madrileñas",  sentenciaría.


Puño en alto, cantando el Himno Galego




La Xunta suma ya más de 890.000 seguidores en la redes sociales

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

A Administración autonómica ten presenza na rede a través de 238 portais e 266 canles sociais, que se estruturan en torno a xunta.gal
Avanza na prestación de servizos en mobilidade con 22 aplicacións que acumulan máis de 320.000 descargas
Impulsa a reutilización de información do sector público a través do portal Aber@s, que ofrece máis de 320 conxuntos de datos en formatos abertos

O catálogo de portais e redes sociais da Xunta suma a día de hoxe 238 sitios web e 266 canles en redes sociais, que contan con máis de 890.000 seguidores. Son as cifras da presenza da Administración autonómica na rede, cuxa porta de entrada é o portal corporativo xunta.gal cunha media de medio millón de visitas mensuais.

O reforzo da presenza da Administración autonómica en Internet forma parte da estratexia da transformación dixital que vén desenvolvendo a Xunta a través do Plan de Administración e Goberno Dixital, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia. Esta liña de actuación plasmouse traduciuse na reorganización, simplificación e renovación da rede e portais baixo uns criterios de homoxeneidade e no impulso da presenza en redes sociais. 

Precisamente, o auxe das redes sociais empeza a reflectirse na orixe dos accesos ao portal da Xunta. Un 8,7% dos accesos a xunta.gal provén de redes sociais, unha porcentaxe superior ao tráfico que provén de enlaces (7,7%).  Aínda así, os buscadores e o acceso directo cun 40,3% e  un 42,3%, respectivamente, seguen acumular a porcentaxe maioritaria dos accesos ao portal.

Respecto ao dispositivos empregados polos usuarios para acceder a web da Xunta, a maioría, o 67,7% empregan o ordenador, o 27,7% o móbil e o 4,9% a tablet.

Apps e retulización da información do sector público
Para dar  resposta ao incremento de servizos en mobilidade  impulsouse a publicación de aplicacións para dispositivos móbiles. Actualmente, son 22 as apps da Xunta, acumulan más de 324.000 descargas e abranguen servizos  para demandantes de emprego (Mobem), para o ámbito educativo (abalarMóbil), para a mocidade (Carné Xove), relacionadas coa meteoroloxía (Meteogalicia, MeteoRoute), coa pesca (Non piques-Non peques), co turismo (Enoturismo, Sendegal, Turismo de Galicia, Bono Iacobus), e coas TIC na empresa (aplicación do Centro Demostrador TIC, CDTIC). 

Fomentar a reutilización de información do sector público por parte de terceiros é outra das liñas de actuación do Plan de Goberno Dixital. O portal Abert@s ofrece 327 conxuntos de datos en formatos abertos que só no que levamos de ano rexistrou máis de 1.500 descargas.

Migración a .gal
A Xunta continúa avanzando na migración dos dominios a .gal con preto de 70 portais que xa empregan o dominio galego. Deste xeito avánzase así no proceso para  consolidar o “.gal” como dominio que identificará todas as súas iniciativas en internet. Este compromiso concretábase no Decreto que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e que foi  aprobado en maio de 2015.


Desde entón todas as novas iniciativas web da Xunta publicáronse xa co dominio galego. En paralelo, iniciouse o proceso de migración dos espazos web existentes ao “.gal”. O obxectivo é que en 2017 todos os portais corporativos e o todas as direccións de correo corporativo utilizarán só o puntogal. 

OS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS E DO MAR DE GALICIA TERÁN UNHA PRESENZA DESTACADA EN “ALIMENTARIA 2016” DA MAN DA XUNTA

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitarán a feira para apoiar ás empresas e consellos reguladores do agro e do mar de Galicia 
Ambas consellerías estarán representadas na feira con diferentes postos que albergarán máis de 90 empresas galegas do eido alimentario do agro e do mar

Galicia terá este ano unha presenza destacada na feira Alimentaria, que se celebra desde mañá luns e ata o vindeiro xoves en Barcelona. As consellerías do Medio Rural e do Mar, en colaboración con diferentes empresas e consellos reguladores, farán promoción dos produtos do agro e do mar da nosa Comunidade neste certame, ao que tamén se desprazarán as titulares de ambos departamentos, Ángeles Vázquez e Rosa Quintana.

Ambas consellerías estarán representadas na feira con diferentes postos que albergarán máis de 90 empresas galegas do eido alimentario do agro e do mar. Á súa participación nesta feira as consellerías de Medio Rural e de Mar destinan máis de 547.000 euros. 

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, asistirá mañá luns á presentación do queixo da SAT Don Crisanto galardoado como ‘mellor queixo madurado de vaca no 2015’, no marco deste salón. Ángeles Vázquez apoiará coa súa presenza ás empresas do agro representadas neste certame.

Por outra banda, a titular de Mar, Rosa Quintana, asistirá á feira mañá e o martes, día no que estará acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, para apoiar ás empresas galegas do mundo do mar. 

Agro
No eido agroalimentario, a Xunta participa en Alimentaria 2016 directamente con tres postos noutros tantos pavillóns sectoriais: Intercarn (carne), Interlact (lácteo) e Múltiple Foods (multiproduto). Ademais, tamén apoia a presenza dos viños e augardentes galegos no salón Intervin, colaborando cos seus respectivos consellos reguladores. 

En total, serán preto de 70 as empresas do agro galego que participarán en Alimentaria 2016, de sectores tan diversos como a produción de leite, queixos, carne de vacún, coello, ovos, castaña, pataca, croquetas, pan, empanadas ou sobremesas.

A presenza destas empresas compleméntase coa promoción das diferentes indicacións xeográficas e denominacións de orixe galegas e coa organización de multitude de degustacións e catas de produto ao longo de toda a feira.

Mar
Ademais a Consellería do Mar participará neste evento cun posto institucional de 440 m² de zona expositiva e dividido en dúas illas na área Expoconser, situada dentro do salón denominado Multiple Foods, unha área nova que incorpora esta edición de Alimentaria. 


Este posto dará cabida ás 26 empresas e entidades galegas coexpositoras do sector pertencentes ás áreas da pesca, conxelado e conserva. O posto da Consellería tamén conta cunha área destinada a centro de negocios, na que as empresas poden manter encontros para ampliar o seu mercado. 

ROMÁN RODRÍGUEZ INAUGURA A MOSTRA ‘BLANCO AMOR, A OLLADA E O DESEXO’, QUE LEVA A OBRA FOTOGRÁFICA DO AUTOR OURENSÁN A ARGENTINA

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Buenos Aires)

O acto enmárcase no programa de actividades organizado por Galicia para a 42ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou hoxe a exposición ‘Blanco Amor. La mirada y el deseo’, un percorrido pola obra fotográfica do autor ourensán, que chega á capital porteña no marco da programación galega da 42ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires. No acto, celebrado no centro cultural Usina del Arte, participou tamén, entre outros, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

O conselleiro salientou a importancia desta obra do autor ourensán, “que nos permite acceder a unha  experiencia vital marcada polas viaxes e cambios de escenario”, así como “ás historias de lugares e xentes coas que compartiu momentos no seu itinerario polo mundo adiante". Así mesmo lembrou que estudosos do labor fotográfico de Blanco Amor téñeno cualificado de “adiantado aos seus tempos”, sendo incluso comparado con Oscar Wilde; e que as súas instantáneas teñen inspirado diversos libros, teses de doutoramento e exposicións.

Non en balde, a mostra - formada por 50 fotografías e mais paneis explicativos- baséase no libro ‘A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973’, editado no ano 2004 pola editorial Galaxia, e que constitúe unha escolma de autorretratos, imaxes de viaxes por lugares como Marrocos, París ou Nápoles, e fotografías de persoeiros como García Lorca, Castelao, Otero Pedrayo, Luís Seoane ou Indalecio Prieto; unha das facetas máis descoñecidas. 

A actividade forma parte das que se celebran en múltiples espazos da capital arxentina co gallo da participación galega nesta feira referente mundial, coincidindo ademais co feito de que a cidade convidada é Santiago de Compostela. Deste xeito, ademais de no stand de Galicia e nos diferentes espazos do recinto ‘La Rural’, desenvolveranse conferencias, lecturas, relatorios… en bibliotecas, librerías, centros culturais e da colectividade galega e en universidades de Bos Aires.

Segunda semana de actividade
Mañá iníciase a segunda semana de actividade na FEIRA, na que tamén se inaugurará a exposición ‘Otros verbos, nuevas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)’, que acollerá desde o 26 de abril El Cultural San Martín, mesmo día no que no Centro Gallego de Bos Aires se desenvolverá unha homenaxe a Valle-Inclán e a presentación – neste caso no propio recinto feiral- da Cátedra Galicia-América da Universidad Nacional de San Martín.

O mércores 27 de abril presentarase no stand de Galicia o audiovisual ‘Querido Tomás’, baseado na novela homónima de Fina Casalderrey; mentres que o xoves 28 de abril a Academia Argentina de Letras acollerá o acto literario de ingreso nesta institución de Luís González Tosar. Na mesma xornada, entregaranse no Museo Nacional de Arte Decorativo a entrega de premios do concurso literario ‘Galicia entre nosotros’.

Así mesmo, o día 28 arrincará – coa proxección do filme ‘Lobos sucios’- o ciclo ‘Galicia en cine, co que a Consellería de Cultura e Educación busca difundir o noso audiovisual aproveitando a oportunidade que supón a FEIRA. Este mesmo obxectivo completarase o venres 29 coa conferencia ‘El audiovisual gallego en la actualidad’, impartida por Dolores Meijomín en representación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Xa o sábado 30, o Instituto Argentino de Cultura Gallega renderá homenaxe ao autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Manuel María, coa presentación do libro ‘Advento. Manuel María’, editado polo Consello da Cultura Galega.


Os horarios e lugares das máis de 50 actividades programadas para esta semana poden consultarse no enderezo web http://www.cultura.gal/librogalegobaires16, e a través das redes sociais de Facebook na conta de Librogalegobaires16 e en Twitter (@LibroGalegoBA16).

Bueu : emotiva gala de homenaje a los alfombristas más veteranos

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

O CENTRO SOCIAL DO MAR ACOLLEU UNHA EMOTIVA 
GALA DE HOMENAXE AOS ALFOMBRISTAS VETERÁNS DE BUEU

O Centro Social do Mar de Bueu acolleu hoxe a  II Gala de Homenaxe aos Alfombristas Veteráns, nun acto moi emotivo organizado pola Asociación das Alfombras do Corpus de Bueu no marco das II Xornadas das Alfombras Florais.
Na gala, celebrada este domingo a partir das 18 horas, foron distinguidos os/as alfombristas Julia Rodríguez Galup, María del Carmen Souto Sequeiros, José Luís Davila Juncal, Antonio Lorenzo Santos, Maruja Buceta López, Manuel Malvido Rúa, Carmen Rodríguez Casas, Antonio Martínez Villegas, Carmen Couso Domínguez, e a título póstumo, Manuela Diz Gutiérrez e Teresa Martínez Gómez.
A presidenta da Asociación, Carmen Santos, quixo destacar a enorme aprendizaxe e traballo que tiveron que levar a cabo neste primeiro ano de vida, e quixo facer tamén unha mención especial ás mulleres e homes que traballan a diario no local da asociación para que as alfombras decoren a nosa vila na data do Corpus, que este ano se celebra en Bueu o vindeiro 29 de maio.
Nese esforzo e dedicación dos membros da asociación tamén quixo insistir o alcalde da vila, Félix Juncal, quen agradeceu a todos os que levan o "nome de Bueu polo mundo" en alusión a esa expansión do Corpus e das alfombras da vila buenense, que irá máis alá da festa do Corpus e a máis lugares, entre eles a Noto (Italia), e que organizou obradoiros tanto para persoas maiores como para alumnos e alumnas dos diversos centros educativos da vila. O rexedor da vila reiterou de novo que "as alfombras se están revitalizando e recuperando o valor de tempos pasados", recoñecemento que agarda que sexa proximamente agradecido coa declaración do Corpus de Bueu como festa de interese turístico de Galicia, galardón no que se está traballando.

Durante o transcurso da gala foron proxectados dous vídeos sobre a confección das alfombras e o Corpus de Bueu, cos que o ambiente se encheu de emoción. E xa ao remate entregáronse uns agasallos a cada un dos homenaxeados nesta gala, na que eles e elas foron os protagonistas. 

Empató el Alondras : un penalty, en el último minuto, le dio un punto al Boiro en O Morrazo

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Crónica de Sheila Lorenzo )

EMPATE NO MORRAZO ENTRE ALONDRAS E BOIRO
Un penalti no último minuto de Rivera dálle un punto ao Boiro 

Disputábase no Campo de O Morrazo a trixésimo quinta xornada da Terceira División entre o Alondras CF e o Boiro, dous equipos que afrontaban o encontro con necesidades diferentes, pois os locais xa non se xogaban nada, mentres que o Boiro xogábase manter o liderado da categoría. 

Nos primeiros compases do encontro chegaron as primeiras aproximacións do Boiro a porta de Lorenzo, pero sen perigo. Mais axiña chegaron as primeiras ocasións do equipo de Jacobo Montes que xogou con comodidade e descaro, como un córner sacado por Mauro que a piques estivo de cabecear Rubén Comesaña ao fondo da rede ou unha internada de Rafa pola esquerda que centra e non chega a rematar, con claridade, ningún home do Alondras. Pero no minuto 22 Mauro rouba un balón no medio do campo, déixalla a Joni que lla devolve a Mauro quen, dende os once metro, sorprende a Reguero co primeiro tanto da tarde. Dez minutos máis tarde o Alondras tivo unha dobre oportunidade para aumentar diferenzas cun centro que lle quita o defensa a Adrián dos pés, recupera o balón Joni que centra e remata Adrián fóra.

Xa no segundo acto o Boiro saltou ao terreo de xogo volcado ao ataque. Yahvé a piques estivo de poñer a igualada no marcador nun saque de córner que foi directo á porta e tivo que empregarse a fondo Lorenzo para desviala outra vez a córner. Un minutos máis tarde Rivera tivo un man a man con Lorenzo que outra vez gañou o porteiro local, caeu o rexeite para Romay que tampouco foi quen de superar ao meta. A dous minutos para o final do encontro, o Boiro sacou petróleo dunha falta a cal foron todos os homes do Boiro a rematar e todo o Alondras a defender, nese barullo de homes o colexiado viu unha man de Rubén que supuxo penalti a favor do Boiro. Tomou a responsabilidade de lanzamento Rivera que non fallou dende os once metros e puxo o 1-1 definitivo no marcador.

Tras este empate o Alondras é noveno con 49 puntos, mentres que o Boiro é líder empatado a 68 puntos co Cerceda. Na vindeira xornada o Alondras visita ao Arousa, mentres que o Boiro recibe ao Noia.

FICHA TÉCNICA:
ALONDRAS CF: Lorenzo, Castilla, Rafita, Fiuza, Agujetas (Diego Diz, min 46), Rubén Comesaña, Joni (Iván, min 79), Álex Gómez, Adrián, Mauro e Centrón.
CD BOIRO: Reguero, Paco, Marcos, Sidibé, Javi Barrio, Yahvé (Stefan, min 66), Cano, Pillado, Rivera, Romay (Suso, min 90) e Tubo (Herbert, min 46).
ÁRBITRO: Formoso Sánchez, auxiliado por Cinza Seoane e Formoso Díaz, do colexio de Ferrol. Amonestou a Rafita, Rubén Comesaña e Adrián polo Alondras e a Rivera por parte do Verín.
INCIDENCIAS: Antes de comezar o encontro gardouse un minuto de silencio na memoria do xogador cadete do Muxía que faleceu no día de onte.

CAMPO: O Morrazo, ante uns 700 espectadores. 

La foto de una mañana de domingo

O VICEPRESIDENTE DA XUNTA PARTICIPA NA I CARREIRA INTERUNIVERSITARIA CONTRA A DROGA 'HAPPY GO RUNNING' EN VIGO


Concluye el viaje institucional de Feijóo en Argentina y se inicia la visita a Uruguay

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Buenos Aires)

O titular da Xunta continúa hoxe a súa viaxe en Uruguai, cunha axenda económica e varias entrevistas institucionais, entre as que destaca unha xuntanza co presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez

FEIJÓO FINALIZA A SÚA VIAXE INSTITUCIONAL A ARXENTINA DA QUE DESTACA A CÁLIDA ACOLLIDA DO PAÍS QUE SEGUE A TER GALICIA NA SÚAS COORDENADAS 

Cualifica a reunión con Mauricio Macri de “moi frutuosa”; e salienta que o mandatario arxentino é consciente da relación de amizade que hai entre Arxentina e Galicia, dos desexos da Comunidade de que ao país lle vaia ben e de que, como presidente do país, teña éxito na súa xestión
Expresa tamén a satisfacción que supón ser nomeado Hóspede de Honra da cidade de Bos Aires, “unha honra –subliña- que comparto con todos os galegos”
Refírese a Bos Aires Celebra Galicia como “unha festividade na que puidemos comprobar como a colectividade galega segue con saúde e en marcha…e vimos tamén como moitos fillos celebraban xunto aos seus pais ser galegos e ser galegos en Bos Aires; ser galegos, arxentinos e españois” 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, finalizou onte a súa viaxe institucional a Arxentina da que destacou a cálida acollida do país que segue a ter Galicia nas súas coordenadas.

No tocante a súa estancia en Arxentina, Feijóo valorou poder reunirse con Mauricio Macri; unha xuntanza que cualificou de “moi frutuosa”. E, nesta liña subliñou que o mandatario arxentino é consciente da relación de amizade que hai entre Arxentina e Galicia, dos desexos da Comunidade de que ao país lle vaia ben e de que, como presidente do país, teña éxito na súa xestión.

Logo de expresar tamén a satisfacción que supón ser nomeado Hóspede de Honra da cidade de Bos Aires, “unha honra –subliñou- que comparto con todos os galegos”; o titular da Xunta referiuse á celebración do Bos Aires Celebra Galicia, como “unha festividade na que puidemos comprobar como a colectividade galega segue con saúde e en marcha…e vimos tamén como moitos fillos celebraban xunto aos seus pais ser galegos e ser galegos en Bos Aires; ser galegos, arxentinos e españois”. 

“En definitiva, agora imos iniciar a última fase da viaxe, pero creo que cumprimos os obxectivos que tiñamos marcados; e Galicia hoxe está dentro das coordenadas, unha vez máis, de Arxentina e de Uruguai e das coordenadas dos seus gobernos”, aseverou.

En relación a súa visita a Uruguai, Feijóo afirmou que manterá unha axenda económica, cun encontro na Cámara Oficial Española de Comercio de Uruguai, onde estarán os principais empresarios españois no país. “E, ao igual que mantiven unha xuntanza co presidente de Arxentina, tamén terei ocasión de saudar ao presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez”, precisou, ademais de reunirse co intendente da cidade de Montevideo, Daniel Martínez.


Durante un acto homenaxe da Federación de Institucións Españolas do Uruguai, o presidente da Xunta terá tamén ocasión de saudar ás institucións galegas en Uruguai.